Chegou o novo Badoo
A rede para ligar meirande do mundo coa que poderás coñecer xente en todo momento,esteas onde esteas.*
Facer que todo o mundo atope a esa persoa que lle fai latexa-lo corazón facendo uso dunha tecnoloxía inigualábel.
-
Entretido
Cun enfoque divertido e desenfadado
-
Inclusivo
Unha app aberta a todo o mundo
-
Ousado
Orgullosos do que creamos
-
Seguro
Con énfase en seguridade e consistencia
Logotipo
Como pioneiros do mundo do descubrimento social e creadores da app para coñecer xente meirande do mundo*, xa era hora de que compartísemo-lo noso éxito con orgullo e claridade. Un éxito no que cabemos todos, cun logotipo que o deixa ben claro.
De Rusia a Australia e das Américas a Xapón, o corazón é un símbolo universal recoñecido por todos e no que cabemos todos. O corazón fala a linguaxe diaria do noso público e é tan popular como unha emoticona; é un símbolo recoñecíbel universalmente como expresión de afecto e de amor.
Icona da app
A nosa nova icona é ousada, intensa e, sobre todo, recoñecíbel en calquera lugar. Cunha combinación chamativa de cores e unha silueta simple e clara, o teu dedo non poderá resistirse a toca-lo noso corazón.
Redes sociais
As redes sociais permítennos conectar cos nosos usuarios de forma directa e persoal na contorna na que mellor se sinten. Cun contido que se dirixe ao noso público sen rodeos e permítenos facelo partícipe da nosa historia.
Encontros
O punto de encontro de millóns de persoas. Con tanta selección, queremos achegarte á xente que che interesa de verdade. Usa os filtros e conecta coa xente que máis che chama a atención. E se alguén che gosta de verdade, podes incluso enviarlle un agasallo e deixarllo claro.