Encontros con total confianza.

Axudándoche a amosarte tal e como es,
para ter citas coas que te sintas ben.
Un home sorrinte suxeitando un teléfono
Dúas mans chocando as palmas

A confianza antes de nada.

Grazas á nosa tecnoloxía de vangarda, capaz de combati-las contas falsas, fraudulentas e de spam, podes confiar en que estás a falar con xente real.

As nosas ferramentas de apoio e seguridade axudaranche a amosarte tal e como es con total confianza, para que poidas crear conexións auténticas.

Queres parolar agora?

Non tes que agardar a conectar.

Podes pasar directamente ao bo, á parte na que tedes conversas máis profundas e vos coñecedes de verdade.
A aplicación de Badoo amosando unha cuadrícula de diferentes perfís de mulleres.
Unha foto de perfil de Emma, que ten 35 anos. A súa intención é: Quero quedar.

Coñece xente que queira o mesmo ca ti.

Acada o que queiras do mundo das citas.
Así de sinxelo.
Só queres parolar? Está ben.
Tes ganas de algo serio? Aledámonos.

E se mudas de opinión, non hai problema.
Historias de éxito de Badoo

Historias de éxito de Badoo

Ilustración dun paraugas sostido en alto para protexer de emoticonas negativas

A seguridade é o principal,
sempre.

A túa seguridade é a nosa máxima prioridade.O noso Safety Centre é a nosa zona de información, para atopar todo o apoio que precisas para ter citas seguras.

Sabemos o que facemos.

Confía en nós. Conseguimos xuntar a millóns (e millóns e millóns) de persoas dende 2006.
Máis de 100 millóns descargas
Play Store de Google